Entradas populares

Seguidores

lunes, 7 de febrero de 2011

importancia do rss na miña vida

Cando hai uns dias, descubrín o tema do RSS e dos recolledores (agregadores), a miña vida cambiou. Si, si, sen dúbida mudei a miña forma de traballar e de relacionarme co medio, neste caso a través de Internet. E para nada foi un cambio traumático...; desas cousas que... as probas e xa sabes que ata que saia algo mellor "non poderás pasar sen elas".

O asunto é que últimamente o meu recolledor de sementes "feeds" está aos topes, e aínda o estaría máis se moitos dos novos blogueiros que se meten na blogosfera, tivesen en conta a importancia de ofrecer as súas sementes RSS, e fosen conscientes das facilidades que proporciona o utilizar un recolledor ou agregador de "feeds".

Moitos de nós tardamos un tempo en decatarnos da importancia das sementes RSS e dos agregadores. Neste senso, os proveedores que nos ofrecen o servizo de xestión e publicación dos blogs, xogan un papel fundamental: os máis sensibilizados co tema (que non son todos), inclúen por defecto nas diferentes plantillas a ligazón necesaria para acceder ás sementes RSS; e deste xeito, case sen decatarnos xa estamos a ofrecer nos nosos blogs máis información sobre a propia información (meta) da que pensamos.

Nos últimos tempos, supoño que precisamente polo obvio do asunto, as persoas que con-formamos dalgún xeito a blogosfera, oviamos moitas veces estes temas; e moitos dos proveedores que ofrecen servizos de blogs..., pois tamén.

O resultado: un montón de novos blogs interesantes que quedan sen recoller nos nosos recolledores, por non teren (máis) "visibles" as ligazóns ás súas sementes RSS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario